Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (15/2016).

Eu, María del Carmen Varela Rebolo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 15/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Hortas Astariz contra a empresa Monetize & Cash, S.L., sobre cantidade, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 15/2016.

Persoa que se cita: Monetize & Cash, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, asistir a ditos actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 15.11.2017, ás 10.30 horas na planta 4, sala 9, edif. xulgados, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, o día 15.11.2017, ás 10.30 horas, na planta 4, sala 9, edif. xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia da demandada, debidamente citada, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: interrogatorio.

Ao se ter solicitado o interrogatorio de parte e ser esta persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o dito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e da súa posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado/a (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

En Lugo, 3 de febreiro de 2016.

O secretario xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Monetize & Cash, S.L., expídese esta cédula.

Lugo, 1 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza