Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (ETX 8/2013).

ETX execución de títulos xudiciais 8/2013

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 597/2012

Sobre despedimento

Demandantes: Enrique Castro Cardoso, Ernesto Vázquez Gramunt , Manuel Pérez Fernández

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., Marcial García, S.L.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Asunto en que se acorda: Execución de títulos xudiciais 8/2013.

Persoa que se cita: Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. como parte demandada.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición á comparecencia que abaixo se indica, co fin de constituír unha administración xudicial dos bens embargados a Marcial García, S.L. Advírtese que, se non comparece inxustificadamente, se considerará conforme co acordado polos comparecentes.

Lugar, día e hora en que debe comparecer.

28 de setembro de 2016, ás 9.30 horas, na sala nº 3 da planta baixa do Edificio dos Xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza