Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente LU-151/2016).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de incoación de expediente de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Lugo, sita en rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Lugo, 11 de agosto de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/pasaporte

LU-151/2016

Inés María Leal Tomás

52794198-K