Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o requirimento de documentación nun expediente de compatibilidade.

Con data do 23 de xuño de 2016, a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas realiza un requirimento de documentación a José Manuel Quinteiro Moreno en relación coa solicitude de recoñecemento de compatibilidade por el formulada relativa aos datos da actividade privada que pretende realizar, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en conexión co seu artigo 42.5.a).

Logo de intentar, dúas veces, a notificación do requirimento de documentación a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «caducado», tras os dous intentos, respectivamente, nos cales consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a José Manuel Quinteiro Moreno o requirimento de documentación en relación co expediente de compatibilidade por el solicitada.

O interesado pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia e recoller o requirimento, terase por cumprido o trámite desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública