Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da actividade de almacenamento e valorización de residuos non perigosos (RCD) no polígono industrial da Pasaxe (Gondomar), promovida por Contenedores de Vigo, S.L. (expediente 2016/0064).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 17 de agosto de 2016 sobre a actividade de almacenamento e valorización de residuos non perigosos (RCD) no polígono industrial da Pasaxe (Gondomar, Pontevedra), promovida por Contenedores de Vigo, S.L.

O dito informe pódese consultar na ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental