Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43330

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4616/2008-E).

Procedemento ordinario 4616/2008-E

Recorrente: Asociación Afectados Ronda de Vigo

Letrado: Carlos Abal Lourido

Procurador: Luis Sánchez González

Admón. demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

Letrado: letrado da Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo

Letrado: letrado do Concello de Vigo

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4616/2008, acordouse expedir este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data do 15 de xuño de 2016.

«Sentenza:

Resolvemos que, rexeitando as causas de inadmisión alegadas, con estimación do motivo oitavo de casación e desestimación dos demais, debemos declarar e declaramos que é procedente o recurso de casación interposto pola procuradora María del Carmen Pérez Saavedra, en nome e representación da Asociación de Afectados pola Ronda de Vigo, contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de febreiro de 2014, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-administrativo número 4616/2008, a que, por conseguinte, anulamos, ao mesmo tempo que, con estimación parcial do recurso contencioso-administrativo sostido pola representación procesual da dita Asociación de Afectados, debemos declarar e declaramos que a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, do 16 de maio de 2008, pola que se aprobou definitiva e parcialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 3 de xuño de 2008, e a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia do 13 de xullo de 2009, pola que se aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 24 de xullo de 2009, son contrarias a dereito e, por tanto, declarámolas radicalmente nulas, mentres que desestimamos as pretensións formuladas na súa demanda pola indicada Asociación de Afectados, relativas á consideración como solo urbano consolidado dos terreos atravesados pola denominada Ronda de Vigo, sen facer expresa condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia e neste recurso de casación».

Así, por esta nosa sentenza, cuxa parte dispositiva se publicará no Diario Oficial de Galicia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Deberase facer saber ás partes, ao llela notificar, que contra ela non cabe ningún recurso ordinario.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza