Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (173/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 173/2016

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: Diego Padín Beltrán

Avogado: Julio Martín Unzue Rossi

Demandada: Euroimagen Audiovisual, S.L.

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento 173/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Padín Beltrán contra a empresa Euroimagen Audiovisual, S.L., se ditou sentenza cuxa resolución é: «Que estimo a demanda interposta por Diego Padín Beltrán contra a empresa Euroimagen Audiovisual, S.L. e declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que o readmita nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboen unha indemnización de 327,02 euros (salvo erro aritmético). Igualmente, condénoa a aboar ao demandante a cantidade de 2.410,10 euros, co xuro por mora do 10 %».

A opción deberase exercer mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no el momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Para que sirva de notificación en legal forma a Euroimagen Audiovisual, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de agosto de 2016

O letrado da Administración de xustiza