Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 63/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Señorís Bargo contra David Couñago Cores, Couñago & Jamargo Restauración, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 205/2016.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, vistos os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Marina Señorís Bargo, asistida pola letrada Milagros Verde Crespo, fronte ás empresas David Couñago Cores e Couñago & Jamargo Restauración, S.L. e o Fogasa, todos eles incomparecidos ao acto de xuízo, malia a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza.

Resolución.

1º. Que, estimando parcialmente a demanda promovida por Marina Señorís Bargo en canto se dirixiu contra David Couñago Cores, debo declarar e declaro improcedente o seu despedimento, e condeno a aludida demandada a que opte, ben pola readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir aquel e con satisfacción dos salarios deixados de percibir desde o despedimento (a razón dun importe mensual de 1.262,48 €) ou ben polo aboamento da cantidade de 1.851,68 € en concepto de indemnización. Neste caso a extinción do contrato de traballo entenderase producida na data do cesamento efectivo na prestación do servizo.

A aludida opción deberase exercer no termo de 5 días a partir da notificación desta resolución mediante escrito ou comparecencia ante a secretaria deste órgano xurisdicional. Se a demandada condenada non a verifica, entenderase que opta pola readmisión.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fogasa, na súa condición de responsable legal subsidiario, a se ater á condena imposta á entidade demandada.

3º. Que debo absolver e absolvo a entidade Couñago & Jamardo Restauración, S.L. de todos os pedimentos da demanda.

4º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a David Couñago Cores e a Couñago & Jamardo Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza