Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39545

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (263/2015).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 28/2016.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero. Lugar: Ferrol

Data: 9 de febreiro de 2016

Demandante: Vitogas España, S.A. (Unipersonal)

Avogado: Pedro Fariña Quiroga

Procurador: Francisco Abajo Abril

Demandado: Michel Metz

Procedemento: procedemento ordinario 263/2015

Resolución.

Debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Vitogas España, S.A.U. contra Michel Metz e condeno o segundo a indemnizar a primeira coa cantidade de seis mil cento noventa e cinco euros con trinta e tres céntimos (6.195,33 €).

A cantidade recoñecida devindica xuros nos termos recollidos no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

As custas impóñenselle ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario da xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000 indicando no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Michel Metz, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 10 de febreiro de 2016

O/a secretario/letrado da Administración de xustiza