Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39544

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2016 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo neste centro.

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Cixtec, estando á disposición dos interesados (persoal do Cixtec) no taboleiro de anuncios, das dependencias do referido centro (r/ Domingo Fontán, 9, Santiago de Compostela), as bases da convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable