Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39547

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (503/2015).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente, anuncio:

En el presente procedemento, seguido por instancia de Gam Noroeste, S.L.U. fronte a Santalsis Empresa Constructora, S.A., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 16 de decembro de 2015.

Darío Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente sentenza no procedemento civil ordinario 503/2015, en que é parte demandante Gam Noroeste, S.L.U., representada polo procurador Sr. Rúa Sobrino e asistida pola letrada Sra. Osa Otero, fronte a Santalsis Empresa Constructora, S.A., en situación de rebeldía procesual ao non comparecer a xuízo, cos seguintes:

Antecedentes de feito.

Primero. O demandante interpuxo a demanda de xuízo civil ordinario en que, tras citar os feitos e fundamentos xurídicos que considerou de aplicación, terminaba solicitando que se ditase sentenza de conformidade co seu suplico.

Segundo. Tras o emprazamento e a citación da demandada mediante edictos, esta non compareceu ao xuízo, nin ao acto de audiencia previa. Porén, este acto proseguiu coa exposición da representación demandante e a proposición de proba documental unicamente e, unha vez admitida, tal como solicitou, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Seguen fundamentos de dereito.

Resolvo.

Que estimando a demanda presentada polo procurador Sr. Rúa Sobrino, en nome e representación de Gam Noroeste, S.L.U., fronte a Santalsis Empresa Constructora, S.A. e en tal razón, condénase a esta última a que aboe á demandante a cantidade de 79.340,41 € máis os xuros do modo xa indicado.

En canto ás custas, obsérvese o acordado igualmente no punto correspondente. Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o dito demandado, Santalsis Empresa Constructora, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 16 de decembro de 2015

A secretaria xudicial