Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (610/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 610/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Matilde Coto Rodríguez contra a empresa Confecciones Marblan, S.L., se ditou sentenza cuxa resolución é a que segue:

«Estimando a demanda interposta por Matilde Coto Rodríguez fronte á empresa Confecciones Mar-Blan, S.L condeno a empresa demandada a que aboe á demandante a cantidade de 4.599,68 euros más el 10 % en concepto de xuros por mora.

Isto coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co numero 5081 especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Marblan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de xuño de 2016.

A letrada da Administración de xustiza