Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38970

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1506/2014).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ten dita a resolución do tenor literal seguinte:

Decido:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Manuel Quinteiro Calvelo asistido da letrada Sra. Vales Fernández fronte a Josilene Alves da Silva con NIE nº X 6791848-V, maior de idade salientada en autos declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes en data 29.6.2005 en Ames inscrito no Rexistro Civil desa localidade ao tomo 28, páxina 180, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio. Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional 15º da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Joselene Alves da Silva, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Cristina Cao Sánchez
Letrada da Administración de xustiza