Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38968

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (780/2013).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste xulgado se seguen autos de modificación de medidas suposto contencioso 780/2013, seguidos por instancia de María Isabel Bóveda Siota, fronte a Pedro Feijóo Fernández, despois de ditarse sentenza cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 730/2016.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 7 de xuño de 2016.

Vistos os presentes autos número 780/2013 sobre modificación de medidas promovidos pola procuradora Sra. Vázquez, en nome e representación de María Isabel Bóveda Siota como demandante asistido polo letrado Sr. Fernández fronte a Pedro Feijóo Fernández declarado en rebeldía, ao non comparecer nesta, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Vázquez, en nome e representación de María Isabel Bóveda Siota fronte a Pedro Feijóo Fernández e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza con data do 28 de abril de 2006, en autos de 155/2006, nos seguintes termos:

Suspéndese o réxime de visitas que Pedro Feijóo Fernández tiña co seu fillo Alejandro Feijóo Bóveda.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de vinte días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª».

E para que así conste e sirva de cedula de notificación para Pedro Feijóo Fernández en paradoiro descoñecido, expido o presente.

Ourense, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza