Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38967

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de auto aclaratorio de sentenza (780/2013).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste xulgado se seguen autos de modificación de medidas suposto contencioso 780/2013, seguidos por instancia de María Isabel Bóveda Siota, fronte a Pedro Feijoo Fernández, téndose ditado auto aclaratorio de sentenza cuxos encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto do tribunal en que resolve a solicitude de aclaración dunha resolución xudicial.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de xuño de 2016.

Parte dispositiva.

Acordo aclarar a sentenza de data do 7.6.2016 e no antecedente de feito terceiro onde di: «consta unida ás actuacións o acordo de expulsión do territorio nacional do demandado», debe ser excluído, e fundamento de dereito primeiro; onde di: «… e en concreto as referidas aos fillos dos litigantes, dado que actualmente reside un co seu pai e outro coa nai desde practicamente o momento da separación e con posterioridade á sinatura do convenio que legalmente rexe…», debe dicir: «…e en concreto as referidas ao fillo dos litigantes que residiron sempre coa nai…».

Fágase referencia do presente auto nel mesmo, e únase ao libro de sentenzas, e déixese en autos certificación literal del, segundo o establecido no artigo 213 da LAC, e nos artigos 265 e 266 da Lei orgánica do poder xudicial.

Mándao e asínao S.S.ª. Dou fe».

E, para que así conste e sirva de cédula de notificación para Pedro Feijoo Fernández en paradoiro descoñecido, expido este edicto.

Ourense, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza