Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (387/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 387/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Vega Vázquez contra Caral Congresos, S.L.U. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza de adscrición territorial en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 387/2016, sendo parte nel, como demandante, Isabel Vega Vázquez, asistida polo letrado Sr. Quintáns Vázquez e, como demandada, a empresa Caral Congresos, S.L.U, que non compareceu, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, sobre extinción de contrato por vontade da traballadora, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo.

Estímase a demanda interposta por Isabel Vega Vázquez contra Caral Congresos, S.L.U. e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral que unía as partes con data desta resolución.

Condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 25.498,25 euros en concepto de indemnización.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, de ser o caso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na “Conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza de adscrición territorial en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Publicación. A presente sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a ditou, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Caral Congresos, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza