Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 38975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia nos expedientes de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal á persoa interesada no expediente AC-2011/00422 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o lugar para o trámite de audiencia co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, para que poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 8 de agosto de 2016

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2011/00422

Ángela Ramos Suárez

79340456R

AC-2011/00603

Yamiris Josefina Martínez Torres

48116573R

AC-2012/00516

Alejandro Fernández Viador

47378657Z

AC-2014/00055

Mamadou Gueye

A00511260

AC-2014/00428

Jean René Hernández Gutiérrez

089184723