Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38637

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (511/2010).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario número 511/2010 seguido por instancia de Expersenso-Caixilharia, Unipersonal Lda. fronte a Fernando Bello Seoane ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza

En Santiago de Compostela o 30 de setembro de 2014.

Demandante: Expersenso-Caixilharia, Unipersonal Lda.

Procuradora: María Trinidad Calvo Rivas

Letrado: Javier A. de Castro de Castro

Demandado: Fernando Bello Seoane

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Expersenso-Caixilharia, Unipersonal Lda. contra Fernando Bello Seoane e, en consecuencia, condeno o demandado a aboar á entidade demandante a cantidade de 19.984,10 euros, máis o xuro legal desde o 19 de febreiro de 2010 ata a data da presente resolución, en que comezarán a devindicarse os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Non se fai condena en custas.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso, deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fernando Bello Seoane, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

O secretario xudicial