Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38635

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (1237/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1237/2016

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 184/2015. Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Paula Pampín Oubel

Avogado: Carlos Alberto Castro Álvarez

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Fogasa, Construcciones Crespo, S.A., administración concursal Construcciones Crespo (José Taboada Calvar), Construcciones Pontever, S.L.

Avogado/a: Fogasa

Graduado social: Raúl Eugenio Gómez Villaverde

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1237/2016 desta sección, seguido por instancia de Paula Pampín Oubel contra Fogasa, Construcciones Crespo, S.A., administración concursal Construcciones Crespo (José Taboada Calvar), Construcciones Pontever, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Paula Pampín Oubel contra a Sentenza do 4 de decembro de 2015 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Construcciones Crespo, S.A.R. e a entidade mercantil Construcciones Pontever, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Crespo, S.A. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza