Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1114/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1114/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Pintor March contra N.C. Hermanos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame é do tenor literal seguinte:

Despedimento/cesamentos en xeral 1114/2015

Sobre despedimento

Demandante: Gabriel Pintor March

Avogado: Hugo Alberto Vilaboa López

Demandados: N.C. Hermanos, S.L., Fogasa

Auto.

Maxistrada xuíza: Patricia López Arranz

Na Coruña o 3 de agosto de 2016.

Parte dispositiva.

Estímase a solicitude de complemento da resolución e nos feitos probados figurará o seguinte: «desde a data de inicio da relación laboral percibiu un único pagamento á conta de nómina de 400 euros, o 9 de novembro de 2015.

Desde o 15 de outubro de 2015 ata o 9 de novembro de 2015 o traballador estivo en situación de IT».

No ditame da sentenza incluirase o que segue:

«Condénase a empresa N.C. Hermanos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 1.017,9 euros brutos, en concepto de salarios, da que deberán deducirse os 400 euros líquidos xa percibidos».

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría.

E para que sirva de notificación en legal forma a N.C. Hermanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza