Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 381/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 381/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Cancela Mato contra Azart Arquitectura, SLP, sobre cantidade, foi ditada a sentenza número 212/2016, do 13 de xullo, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 381/2013, sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de José Antonio Cancela Mato, asistido pola letrada Sra. Caamaño Insua; contra Azart Arquitectura, S.L.P., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes...

Estimando integramente a demanda interposta por José Antonio Cancela Mato contra Azart Arquitectura, S.L.P., debo condenar e condeno a mercantil Azart Arquitectura, S.L.P. a aboar ao demandante a suma de 3.375,56 euros polos conceptos analizados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución sobre a cantidade de 2.328,63 euros correspondente aos conceptos salariais, e os do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre a cantidade de 1.046,93 euros correspondente á indemnización por despedimento obxectivo.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá atenderse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Azart Arquitectura, SLP, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza