Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (605/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 605/2015 deste Xulgado do Social número 2 de reforzo, seguido por instancia de Javier Vázquez Ferreiro contra Aplistone, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución do 13.7.2016 do teor literal seguinte, que aclara a sentenza número 156, do 14.4.2016, publicada no DOG núm. 87, do 9.5.2016, páxina 17714:

«Parte dispositiva

Procede emendar o erro apreciado na sentenza ditada no presente procedemento no seu encabezamento no seguinte sentido:

– Onde di: “Despedimento 605/2016”, debe dicir: “Despedimento 605/2015”.

– No antecedente de feito primeiro, onde di: “15.6.2016”, debe dicir: “15.6.2015”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña. Dou fe.

O maxistrado-xuíz A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aplistone, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza