Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 702/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 702/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Martínez Zapata contra Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., Fogasa, sobre ordinario, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Sentenza: 346/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 702/2014.

Demandante: Teresa Martínez Zapata.

Letrado: sr. Pousa Merens.

Demandada: Tercera Edad Servicios del Norte, S.L.

Letrado: Fogasa.

Sentenza 346/2016.

A Coruña, 6 de xullo de 2016

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Teresa Martínez Zapata fronte á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 289,38 euros por salarios debidos. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución en relación coa responsabilidade que legalmente lle poida corresponder.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza