Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 688/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de reforzo do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 688/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Aldao López contra Storflex, S.L., Fogasa, sobre ordinario, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Sentenza: 347/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 688/2014.

Demandante: Juan Manuel Aldao López.

Letrado: sr. Míguez Campos.

Demandada: Storflex, S.L.

Letrado: Fogasa.

Sentenza 347/2016.

A Coruña, 6 de xullo de 2016

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Juan Manuel Aldao López fronte á empresa Storflex, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 23.436,17 euros por salarios e indemnización por despedimento debidos, de acordo coa desagregación que se recolle na declaración de feitos probados desta sentenza. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución en relación coa responsabilidade que legalmente lle poida corresponder.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Storflex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza