Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (540/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 540/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Vázquez Antúnez contra a empresa Gespalia, S.L., o seu administrador concursal Concurlex Avogados, S.L.P., e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, foi ditada a sentenza nº 214/2016, do 14 de xullo de 2016, cuxo encabezamento e parte disposistiva é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 540/2013, sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de María Victoria Vázquez Antúnez, representada e asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle; contra Gespalia, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; e Concurlex Avogados, S.L.P., como administradora concursal de Gespalia, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; e despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base nos seguintes,

Tense a María Victoria Vázquez Antúnez por desistida da reclamación das cantidades de 3.477,37 euros por indemnización de despedimento obxectivo e 228,20 euros por falta de aviso previo, reclamadas na demanda que deu orixe ao presente procedemento ordinario.

Considerando integramente a demanda interposta por María Victoria Vázquez Antúnez, contra Gespalia, S.L., Concurlex Avogados, S.L.P. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil Gespalia, S.L. a aboar á demandante a suma de 1.524,52 euros polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución; e debo condenar e condeno Concurlex Avogados, S.L.P. a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

En relación coa responsabilidade do Fogasa, deberá atenderse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña a sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza