Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (74/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 74/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Pérez Valencia contra o Fondo de Garantía Salarial, José Gómez Taboada, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xuzgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

Sentenza: 338/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 74/2016.

Demandante: María del Pilar Pérez Valencia.

Letrado: Sr. Rivera.

Demandado: José Gómez Taboada

Fogasa

Sentenza nº 338/2016

A Coruña, 4 de xullo de 2016.

Decido:

1º. Admitir a demanda sobre despedimento formulada por María Pilar Pérez Valencia contra o empresario José Gómez Taboada, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización e os salarios de trámite detallados no número segundo desta sentenza.

2º. a) A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 4.784,09 euros.

b) Os salarios de trámite que aboará á traballadora o empresario ascenden á suma de 4.347,04 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do art. 23.6, inciso primeiro, da LRXS cos límites previstos no art. 33 ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Gómez Taboada, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza