Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (874/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 874/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Caamaño Castro contra Alansu Galicia, S.L., administración concursal de Alansu Galicia, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

Sentenza: 354/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución contrato 874/2015, acumulado despedimento 309/2016

Demandante: Jesús Manuel Caamaño Castro

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo

Demandado: Alansu Galicia, S.L.

Administración concursal de Alansu Galicia

Fogasa

Sentenza nº 354/2016.

A Coruña, 14 de xullo de 2016.

Decisión

A) Estimo as accións, sobre resolución de contrato e despedimento, formuladas por Jesús Manuel Caamaño Castro fronte a Alansu Galicia, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade total de 8.589,05 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante habido o 31.12.2015, e condeno a empresa demandada a satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución, a razón de 58,13 euros día o que ascende a suma de 11.451,61 euros;

B) Estimo a acción, sobre reclamación de cantidade, formulada por Jesús Manuel Caamaño Castro fronte a Alansu Galicia, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 7.905,80 euros polos salarios devindicados e non satisfeitos.

C) O Fogasa deberá aterse á presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET e a administración concursal da demandada deberá aterse ao disposto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alansu Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza