Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35679

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1058/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Rabha Sahari contra Turdesing, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 365/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 1058/2015, acumulado despedimento 75/2016.

Demandante: Rabha Sahari Ep Cifuentes.

Letrada: sra. Freire Gómez-Chao.

Demandada: Turdesing, S.L.

Fogasa.

Sentenza nº 365/2016.

A Coruña, 13 de xullo de 2016.

Resolución:

A) Acepto as accións sobre a resolución de contrato e o despedimento formuladas por Rabha Sahari fronte a Turdesing, S.L. e, en consecuencia:

Primeiro. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a traballadora demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade total de 2.495,21 euros en concepto de indemnización.

Segundo. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, con data do 30.9.2015, e condeno a empresa demandada a satisfacerlle ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución, a razón de 39,45 euros/día;

B) Acepto a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Rabha Sahari fronte a Turdesing, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 12.000 euros polos salarios percibidos e non satisfeitos, así como o 10 % de xuro de mora.

C) Condeno a empresa demandada ao aboamento das custas do proceso, incluídos os honorarios da letrada da demandante ata o límite de 600 euros.

D) O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndoas de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito. Pasados os cales, declararase firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turdesing, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza