Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (1202/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento 1202/14 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elva López Pérez contra Autoescuela Colupa Sociedade Cooperativa Galega, Cefo Vial Formación, S.L., Cefo Vial, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por Elva López Pérez, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Cefo Vial, S.L., Cefo Vial Formación, S.L., Autoescuela Colupa Sociedade Cooperativa Galega, ningunha das cales compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, logo de apreciación de oficio da excepción de cousa xulgada negativa respecto da pretensión de cobramento da cantidade de 325,78 euros en concepto de complemento de incapacidade temporal correspondente ao mes de maio de 2014, condeno solidariamente as demandadas a aboaren á demandante:

– A cantidade de 871,18 euros, que producirá o xuro moratorio do 10 %;

– A cantidade de 336,29 euros, que producirá, desde a data de formulación da papeleta de conciliación previa (o 21 de outubro de 2014) o xuro legal.

As cantidades a cuxo pagamento foron condenadas as empresas demandadas serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se for o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder de 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social [artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social].»

E para que sirva de notificación en forma a Autoescuela Colupa Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 21 de xuño de 2016

O secretario xudicial