Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (421/2014).

José Antonio Pascual Calderón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 421/2014, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a S.V. de la Milagrosa, S.L. e Pablo Piñeiro Fernández, ditouse sentenza o 23 de xuño de 2016 e, encontrándose S.V. de la Milagrosa, S.L. e Pablo Piñeiro Fernández en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación, facéndolles saber que poderán ter coñecemento neste xulgado do contido íntegro da sentenza contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación do edicto, ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Tui, 27 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza