Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34903

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (322/2009).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte, resolución que foi rectificada por auto da data:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

Sentenza 124/2010

Ponteareas, 19 de novembro de 2010.

Xuízo ordinario 322/2009

Vistos por Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, os autos do xuízo ordinario 322/2009 no cal son partes a demandante Aluminios Os Cerqueiras, S.L., representada pola procuradora Teresa Carrera Fernández, e a demandada Velasco Obras y Promociones Inmobiliarias del Miño, S.L., declarada en rebeldía.

Resolución:

Debo estimar e estimo case integramente a demanda presentada pola entidade Oms y Viñas, S.R.C. contra a entidade mercantil Saramagueda de Arriba, S.L. e debo condenar e condeno a entidade mercantil Saramagueda de Arriba, S.L. a pagar a Oms y Viñas, S.R.C. 6.790,87 euros máis os xuros legais de 1.658,69 euros e os devindicados desde a interposición da demanda.

Condeno en custas a entidade mercantil Saramagueda de Arriba, S.L.

Notifíquese ás partes a través dos seus representantes no xuízo.

Contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación conforme os artigos 457 e seguintes da LAC.

Así o pronuncio, mando e asino, Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas».

Decido que foi aclarado por resolución do 9 de febreiro de 2011 no sentido:

Estimo a petición formulada pola parte demandante de en canto a aclarar a resolución da sentenza no sentido, onde di: «Condeno en custas a entidade mercantil Saramagueda de Arriba», debe dicir: «Condeno en custas a entidade mercantil Velasco Obras y Promociones Inmobiliarias del Miño, S.L.».

Nota informativa.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao preparar o recurso de apelación, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite.

Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido o dereito a asistencia xurídica gratuíta.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Velascos Obras y Promociones Inmobiliarias del Miño, S.L., expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 22 de xuño de 2016

O/a secretario/a