Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34902

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3180/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3180/2014 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Varela Fernández contra Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L. Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), Admón. Concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L. sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 27.4.2016, a seguinte resolución:

Resolvemos: estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Centro Clínico Ribadeo, S.L., contra a sentenza de data do 18 de novembro de 2014 ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación núm. 3180/2014, formulado fronte á sentenza do 27 de marzo de 2014, ditada en autos 427/2013 polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, seguidos por instancia de María Jesús Varela Fernández contra Bogar Asistencia, S.L., Concello de Sada, Centro Clínico Ribadeo, S.L., Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L. e Fogasa, sobre despedimento. Casamos e anulamos a sentenza impugnada e resolvendo o debate de suplicación desestimamos o recurso interposto e, en consecuencia, confirmamos a sentenza de instancia.

Devólvanse as actuacións ao organismo xurisdicional correspondente, coa certificación e comunicación desta resolución.

Así, por esta nosa sentenza, que se inserirá na colección lexislativa, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Centro Clínico Ribadeo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza