Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 801/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 801/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa González Lozano contra Tin Lav, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

A Coruña, 6 de xullo de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento nº 801/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Josefa González Lozano, asistida da letrada Alba Campos Vázquez, contra Tin Lav, S.L. e Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Josefa González Lozano contra Tin Lav, S.L. e declaro improcedente o despedimento da demandante de data de efectos 22 de xuño de 2015 condenando a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 17,57 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 531,49 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Tin Lav, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza