Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1121/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de refuerzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1121/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Painceira Villadoniga contra Fogasa, José Luis Ferreira Lamela sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 4 de xullo de 2016

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento nº 1121/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Painceira Villadoniga, asistido pola letrada Lidia Vázquez Méndez, contra José Luis Ferreira Lamela e Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Painceira Villadoniga contra José Luis Ferreira Lamela e declaro improcedente o despedimento do demandante condenando o empresario a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e que ascenden a 41,79 euros diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 804,46 euros.

Con intervención procesal do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a sala do social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Ferreira Lamela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza