Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 105/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 105/2014 deste xulgado do social, seguido por istancia de Miguel Prego Álvarez contra Panadería Ventura, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Umivale, Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Sentenza:

A Coruña, 5 de xullo de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento con número 105/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Miguel Prego Álvarez, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra Panadería Ventura, S.L., que non comparece, INSS e TXSS, representados polo letrado Francisco Requejo Gutiérrez, Mutua Umivale, representada polo letrado Lorenzo Sabell Peláez e contra Fogasa, que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Miguel Prego Álvarez e condeno a Panadería Ventura, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 836,93 euros, correspondentes a prestacións de IT, e deberá efectuar Mutua Umivale o pagamento directo da cantidade, sen prexuízo de exercer o seu dereito ao reintegro fronte á empresa, con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Panadería Ventura, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza