Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1201/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1201/2013 por instancia de Carolina Álvarez Basich contra a empresa Aloysius, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 23 de xuño de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por Carolina Álvarez Basich fronte a Aloysius, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Aloysius, S.L. a aboarlle a Carolina Álvarez Basich a cantidade de seiscentos sesenta e catro euros con cincuenta e nove céntimos (664,59 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aloysius, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

A secretaria xudicial