Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (40/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 40/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Ángeles Vieiro Taibo contra a empresa Limpiezas Olmedo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, 25 de febreiro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre procedemento ordinario entre partes, dunha e como demandante María Ángeles Vieiro Taibo, que comparece asistida do letrado José Daniel Pérez López e doutra, como demandadas, Limpiezas Olmedo, S.L., Capacita Servicios Integrales, S.L., Qualytel Teleservices, S.A. e Fogasa, que non comparecen a pesar de ter sido citadas en legal forma, como se acredita en autos, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Ángeles Vieiro Taibo debo condenar e condeno a empresa Limpiezas Olmedo, S.L., Capacita Servicios Integrales, S.L. e Qualytel Teleservices, S.A. a que aboe solidariamente á demandante a cantidade de 390,37 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Olmedo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza