Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32983

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (40/2015).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de CP das Oficinas de Paz Novoa 3 fronte a Marta María Rodríguez Martínez, Andrea Victoria Rodríguez Martínez, Elena Rodríguez Martínez, Cristina Rodríguez Martínez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 16 de decembro de 2015.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia nº 3 de Ourense, ditou a presente no xuízo ordinario 40/2015 no que é parte demandante a Comunidade de Propietarios Oficinas Paz Novoa, 3 de Ourense, representada polo procurador Sr. Fernández Pérez e asistencia da letrada Sra. Ferreira e, como demandadas, Marta María; Elena; Cristina, e Andrea Rodríguez Martínez, que non compareceron a xuízo polo que deben de ser declaradas en rebeldía procesual.

Antecedentes de feito.

Único. A demandante interpuxo demanda de xuízo ordinario en reclamación da cantidade de 15.571,86 euros por cotas debidas, e custas. Tras a admisión da demanda, deuse traslado ás demandadas na forma legal prevista, sen que houbese contestación nin acudisen ao acto de audiencia previa celebrada no día de hoxe, con proposición de proba pola parte demandante, e quedaron os autos vistos para sentenza se necesidade de celebración da vista de xuízo.

Seguen fundamentos de dereito

Resolvo.

Que estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Fernández Pérez en nome e representación da Comunidade de Propietarios Oficinas Paz Novoa, 3, Ourense, fronte a Marta María; Elena; Cristina, e Andrea Rodríguez Martínez, e na devandita razón debo condenar e condeno a estas últimas a aboar á demandante a cantidade de 19.654,21 euros, con imposición das custas procesuais causadas á parte demandada vencida, artigo 394 da LAC.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, segundo o disposto no artigo 455 e concordantes da LAC na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino.

E, encontrándose o devandito demandado, Marta María Rodríguez Martínez, Andrea Victoria Rodríguez Martínez, Elena Rodríguez Martínez, Cristina Rodríguez Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 16 de decembro de 2015

A secretaria xudicial