Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32982

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (1244/2015).

Xuízo verbal (XVB) 1244/2015-M

Sobre: reclamación de cantidade

Demandante: María Cruz Haz Lema

Procuradora: Beatriz Castro Álvarez

Avogado: Francisco Javier Bejerano Gómez

Demandados: Comunidade de Propietarios Rúa Comercio número 1 (A Coruña), Silvia Barbeito Panpín

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por medio do presente edicto anuncio que neste procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de María Cruz Haz Lema fronte á Comunidade de Propietarios Rúa Comercio número l (A Coruña) e Silvia Barbeito Panpín, ditouse sentenza, de data 15 de febreiro de 2016, contra a que cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da notificación.

E encontrándose a demandada, Silvia Barbeito Panpín, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 10 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza