Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1295/2013)

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1295/2013 por instancia de María Rosario Guitián Sarria contra a empresa Impresores de Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentencia, en data do 23.6.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo.

Estímase a demanda formulada por María Rosario Guitián Sarriá fronte á empresa Impresores de Galicia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase á empresa Impresores de Galicia, S.L. a aboar á actora María Rosario Guitián Sarriá a cantidade de tres mil novecentos vinte e un euros con setenta e cinco céntimos de euro (3.921,75 euros) en concepto do 60 % de indemnización por despedimento obxectivo e a cantidade de catro mil trescentos euros con nove céntimos de euro (4.300,09 euros), percibido esta última o interese moratorio do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo. Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Impresores de Galicia, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

O secretario xudicial