Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1275/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1275/2013 por instancia de Daniel Carrera Boleas contra as empresas Studio Zen, S.L. e Biforis Accesorios de Madera, S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentenza con data do 1275/2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Daniel Carrera Boleas fronte ás empresas Studio Zen, S.L. e Biforis Accesorios de Madera, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Studio Zen, S.L. a aboar a Daniel Carrera Boleas a cantidade de cinco mil novecentos cincuenta e sete euros con seis céntimos de euro (5.957,06 euros), percibindo os conceptos salariais o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Studio Zen, S.L. e Biforis Accesorios de Madera S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

O secretario xudicial