Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32993

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (481/2015).

Procedemento ordinario 481/2015

Sobre: ordinario

Demandante: María Lobelos Canosa

Avogado: José Luis Vázquez Pérez-Coleman

Demandados: Talleres Fernández Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 481/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lobelos Canosa contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade-p. ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Lobelos Canosa contra Talleres Fernández Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Talleres Fernández Coruña, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.100,37 € brutos por salarios devindicados entre novembro de 2014 e marzo de 2015 (ambos os dous inclusive), incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza