Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (258/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 258/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Javier López Cozar contra a empresa Instalaciones Xacobeo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando substancialmente a demanda interposta por Luis Javier López Cozar contra Instalaciones Xacobeo, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 3.560,14 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante en contía de 100 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, observarase o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Xacobeo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza