Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32996

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (266/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 266/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Molina Pérez contra Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que admitindo integramente a demanda interposta por José Manuel Molina Pérez contra Esabe Vigilancia, S.A, Forensic Solutions, S.L.P. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 1.927,22 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal, a estar e pasar pola dita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza