Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32925

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016. Programa V-Impulso de proxectos empresariais colectivos.

BDNS (Identif.): 312731.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As cooperativas e sociedades laborais que leven a cabo proxectos empresariais subvencionables, entendendo como tales a constitución, a transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais ou o lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade.

Segundo. Obxecto e finalidade

Fomentar a economía social, concedendo subvencións que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016 (http://www.emprego.ceei.xunta.gal).

Cuarto. Contía

A contía da axuda poderá ascender ao 75 % de certos gastos, co límite máximo de 3.000 € por beneficiaria. Estas contías incrementaranse nun 15 %, se o novo proxecto supón a apertura dun centro de traballo nun concello rural, e nun 25 %, se se trata dunha cooperativa xuvenil.

O orzamento do programa é de sesenta mil euros (60.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) 1407/2013, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria