Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 32923

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016. Programa IV-Fomento do emprendemento colectivo para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

BDNS (Identif.): 312727.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As mozas e mozos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.

Segundo. Obxecto e finalidade

Fomentar o emprendemento colectivo xuvenil, impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia e o acceso á condición de persoas socias de cooperativas.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016 (http://www.emprego.ceei.xunta.gal).

Cuarto. Contía

Con carácter xeral: 8.000 €.

Cando a persoa incorporada sexa unha muller: 9.000 €.

No caso de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social: 12.000 €.

As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nun 15 %, no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural, e nun 25 %, se se trata dunha cooperativa xuvenil.

O orzamento do programa é de cento oitenta e cinco mil tres euros con oitenta e un céntimos (185.003,81 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2016.

Sexto. Outros datos

Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) 1407/2013, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria