Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 310/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 310/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Balado Gómez contra Limpiezas El Polígono, S.L. sobre cantidade, se ditou sentenza con data do 22 de xuño de 2016 co número 163/2016, cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 310/2013, seguidos por instancia de Daniel Balado Gómez, representado e asistido polo graduado social Sr. Castro Freire; contra Limpiezas El Polígono, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome de S.M. o Rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

“Tense a Daniel Balado Gómez por desistido da acción de reclamación de cantidade por indemnización de despedimento obxectivo (en contía de 3.633,67 euros) deducida na demanda que deu orixe ao presente procedemento.

Que, considerando integramente a demanda interposta por Daniel Balado Gómez contra Limpiezas El Polígono, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.453,51 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo”».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza