Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 6/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 6/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Monteagudo García, Agustín Garzón Ramírez, José Silva Domínguez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila, Enrique Franco Souto contra a empresa La Reigosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Estimando a demanda interposta por José Alberto Monteagudo García, José Silva Domínguez, Agustín Garzón Ramírez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Dávila e Enrique Franco Souto, fronte á empresa La Reigosa, S.L., condeno a demandada a que aboe aos demandantes a cantidade de 38.153,76 euros máis o 10 % en concepto de xuros por demora. Concretamente, deberá aboar a cada un dos demandantes os seguintes importes incrementados nun 10 %:

A José Alberto Monteagudo García: 5.443,46 euros.

A José Silva Domínguez: 6.567,25 euros.

A Agustín Garzón Ramírez: 7.167,95 euros.

A Juan Rodríguez González: 7.543,87 euros.

A José Ángel Vázquez Dávila: 6.470,46 euros.

E a Enrique Franco Souto: 5.960,77 euros.

Iso, coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza