Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31897

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (168/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 168/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ricardo Méndez Tato contra a empresa Coufe, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Ricardo Méndez Tato contra Coufe, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.601,22 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coufe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza