Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (824/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 824/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Salgado Don contra Alansu Galicia, S.L., administrador concursal de Alansu Galicia, S.L. (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P.) e Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza: 312/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 824/2015, acumulado despedimento 336/2016.

Demandante: Manuel Salgado Don.

Letrado: Sr. Andión Cerdeiriña.

Demandado:

Alansu Galicia, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Alansu Galicia, S.L.: Argo.

Sr. González del Río.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 312/2016.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Resolución

Estimo as accións sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e despedimento formuladas por Manuel Salgado Don fronte a Alansu Galicia, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a demandada a lle aboar a cantidade total de 11.837,27 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, acontecido o 31.12.2015, e condeno a empresa demandada a satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución, a razón de 60,86 euros día;

3º. Condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a suma de 14.086,24 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro de mora derivado do artigo 29.3 do ET.

4º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 do ET; e a administración concursal da empresa demandada deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alansu Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza